Praia galega ao amencer, con luz entre os piñeiros

Artesanía · Galicia

La Galería Desordenada

Pezas únicas e pequenas series feitas á man con madeira de deriva, madeira recuperada e contas de vidro.

Ver as pezas

Vila e Marcos

Quen somos

Somos Vila e Marcos, artesáns de La Galería Desordenada.

Creamos pezas únicas e pequenas series feitas á man, empregando principalmente madeira de deriva —crebas—, madeira recuperada e contas de vidro.

Inspirámonos nas paisaxes mariñas, na natureza e en Galicia. A reutilización, a reciclaxe e a recuperación de materiais forman parte do noso proceso creativo e dunha maneira de traballar ligada á economía circular.

Orixe e proceso

Do mar á peza

Recollida de madeira de deriva nunha praia

As crebas chegan á praia e convértense no punto de partida de novas pezas.

Recuperamos materiais, observamos as súas formas e traballámolos a man para transformalos en obxectos decorativos e funcionais inspirados no mar e na paisaxe.

Peza de madeira de deriva recollida na praia

Onde atoparnos

Feiras e mostras

Consulta aquí as próximas feiras, mostras e mercados nos que participamos.

Aínda non hai próximas datas publicadas.

Ver novidades en Instagram

Contacto

Falamos?

WhatsApp